Icono de teléfono
659 908 745

Contacte con nós

Como facer a masa de empanada de millo?

Publicado: 24 de xaneiro de 2023, 12:46
  1. Receitas
Como facer a masa de empanada de millo?

Dende Pulpería Porta, o teu catering a domicilio en Galicia, hoxe desvelamos un dos segredos mellor gardados das empanadas máis ricas do pais: a masa da empanada de millo. Aprende a facela paso a paso.

 

Consegue a empanada de millo perfecta

Primeiro debes reunir estes ingredientes: 250 g. de fariña de millo, 50 g, fariña de forza de trigo, 5 culleradas de aceite do compango ou recheo da propia empanada, 300 ml de auga, media cullerada de sal e levadura.  

Imos logo coa elaboración desa masa tan característica das empanadas das rías baixas: sinxela pero saborosísima e que acompaña de marabilla ao polbo, ás zamburiñas, ás xoubas ou ás sardiñas.

Nun recipiente mesturamos a fariña de dous tipos e as 4 culleradas de fariña de trigo para facer que a masa engorde aos poucos. No centro do recipiente imos facer un oco cunha culler para botar a levadura disolta na auga do polbo. Batemos a continuación cunha culler de madeira dende o centro cara fóra e imos, pouco a pouco, mesturando coa fariña. Engadimos o aceite do sofrito e mais a sal. Continuamos removendo ata que se comeza a configurar a masa, unha mestura pegañenta que vai adquirindo firmeza. 

Reservamos unha zona da cociña para amasar e alí enchemos a superficie coa fariña de trigo sobrante, sacamos a masa do recipiente e comezamos a traballala coas mans. Pouco a pouco, manipulamos a masa, como se fosa unha pasta rugosa e fibrosa que se desfai na man, e imos tornando todo nunha gran bóla. Collemos o recipiente, enfariñámolo e introducimos a bóla nel. Agora queda tapar cun trapo de algodón durante 45 minutos e deixar repousar a masa.

E listo! Xa a temos perfecta para poder comezar a preparar a nosa empanada favorita. E quen se resiste ao delicioso sabor dunha boa empanada de millo?

 

Encarga o teu catering a domicilio en calquera punto de Galicia

En Pulpería Porta Catering comezamos a nosa andaina no ano 1995 e dende entón non paramos de levar todo o sabor da nosa tradición ás romarías, celebracións e festas de toda Galicia. Lembra que somos especialistas en catering a domicilio en toda Galicia e que podemos garantir o éxito de calquera banquete para ese festexo que tes en mente. 

Se andas na procura dun catering de confianza, non dubides en poñerte en contacto connosco para apostar por un servicio de calidade con todas as garantías. Pide o teu orzamento sen ningún tipo de compromiso. Agardámoste!

Noticias relacionadas

Consellos para que o cocido sempre quede perfecto! 10 Xan

Consellos para que o cocido sempre quede perfecto!

10/01/2023 Receitas
Un dos pratos estrela da nosa terra merece o meco e a atención necesarias para que quede espectacular. Falamos, como non, do cocido galego, un clásico da nosa gastronomía non exento de segredos no que se refire á súa preparación. Porén, dende Pulpería Porta Cátering, con servicio en toda Galicia,
Que son os cachelos e como se preparan? 5 Mai

Que son os cachelos e como se preparan?

05/05/2022 Receitas
E o mesmo un cachelo que unha pataca cocida? Imos dar unha resposta á galega: depende. Seguro escoitaches falar dos cachelos, un acompañamento riquísimo e moi popular para moitos pratos de carne e peixe en Galicia. Pero, iso si, o significado que lle deas a “cachelo” vai depender moito da zona de
Trucos para facer uns bos callos 25 Xan

Trucos para facer uns bos callos

25/01/2022 Receitas
Coa chegada do inverno de las baixas temperaturas, o que más apetece nesta época do ano é desfrutar de típicos pratos quentes con culler. Se o que buscas é unha receita saborosa e rica en vitaminas, os callos serán una boa escolla. En Pulpería Porta Catering levamos moitos anos ofrecendo a os
É momento de cocido: trucos para que sempre quede perfecto 8 Nov

É momento de cocido: trucos para que sempre quede perfecto

08/11/2021 Receitas
¿Ten ganas de facer un bo cocido galego, pero sempre atopa erros no resultado final? Se vostede é desas persoas que busca un resultado perfecto para o seu cocido, non dubide en seguir os consellos dun equipo de profesionais do sector, o equipo de Pulpería Porta.  A nosa empresa de catering

Contacte con Pulpería Porta

Está interesado nos nosos servizos? Chámenos, estaremos encantados de atendelo.