Icono de teléfono
659 908 745

Contacte con nós

Voda en setembro? Nós poñemos o catering!

Publicado: 19 de setembro de 2022, 09:38
  1. Catering
  2. Restauración
  3. Eventos
Voda en setembro? Nós poñemos o catering!

Un día tan especial merece un banquete inesquecible. Por iso o catering é cada vez máis un dos grandes protagonistas que fan que a xornada da túa voda sexa perfecta.

Son moitos os que nunha data tan sinalada, optan por todo o sabor do noso: o sabor da tradición. En Pulpería Porta somos especialistas nos manxares de Galicia. Cociña tradicional e moderna para que todo estea ao teu gusto nun día tan importante. Descubre todo o que podemos ofrecerte para facer as delicias dos teus invitados. 

Catering profesional para vodas en toda Galicia

Imaxínaste ter todo un restaurante ao teu servizo para o día da túa voda cos mellores sabores de Galicia e en calquera punto da nosa xeografía?

Exactamente isto é o que poñemos á túa disposición en Pulpería Porta Catering: para o día máis especial terás só para ti un equipo de chefs afamados, un equipo de camareiros de dilatada experiencia no servizo aos comensais, unha carpa totalmente equipada en caso de que a choiva faga a súa aparición e adaptada ao teu terreo (leira, pazo, casa rural, xardín...), mobiliario ao teu gusto, menaxe de cociña e unha auténtica festa gastronómica da man dos nosos manxares.

O polbo da nosa ría é a especialidade número un de Pulpería Porta Catering, pero podemos ofrecerte aínda moito máis. Ti decides como queres que sexa o menú degustación, deseñado para ti con todo mimo a medida, o día da túa voda. Poderás elixir entre unha ampla oferta de pratos, viños e licores de Galicia.

Entre as recomendacións habituais dos nosos chefs, atópanse carnes con todo o sabor da tradición, coma a carne ao caldeiro, o churrasco, a richada ou a tenreira ao espeto. Delicatessems de todos os tempos que nunca defraudan.

Ademais de contar con produtos coidadosamente seleccionados, todos eles de primeira calidade, en Pulpería Porta Catering temos tamén a sorte de poder ofrecervos os mellores viños como branco do país, Ribeiro, Albariño, Godello, Tinto barrantes, Mencía e Rioja. 

A importancia de contar cun servizo profesional de catering

O día da túa voda non deixes nada ao chou. Pola nosa experiencia neste tipo de eventos, resulta fundamental coidar cada detalle e apostar por un servizo de catering profesional, capaz de ofrecer os mellores produtos de Galicia, o maior agarimo na preparación das receitas e un trato de excelencia cos comensais para que todo sexa perfecto durante toda a xornada.

Lembra que nun día de tanta emoción como o día da túa voda, só debes estar encargado de pasalo en grande e gozar ao máximo desta xornada memorable. Contacta con Pulpería Porta Caterinb para que nos encarguemos de todo o demais e non teñas que preocuparte por nada.

 

 

Noticias relacionadas

Callos caseiros? En Pulpería Porta é posible 3 Xul

Callos caseiros? En Pulpería Porta é posible

03/07/2024 Catering
Cando se trata de organizar un evento especial, cada detalle conta. A elección do cátering é unha das decisións máis importantes, e se estás a buscar unha opción auténtica e deliciosa en Galicia, en Pulpería Porta Cátering somos a túa resposta. Cunha ampla experiencia en ofrecer servizos de
Catering para vodas con toda a esencia galega 18 Xuñ

Catering para vodas con toda a esencia galega

18/06/2024 Catering
En Pulpería Porta Catering, os teus especialistas en catering para eventos e vodas en Galicia, sabemos que unha voda é un dos momentos máis importantes na vida dunha parella. Por iso, ofrecemos un servizo de catering especializado que leva toda a esencia galega á túa celebración, garantindo que
Cátering a domicilio para vodas en Galicia 20 Mar

Cátering a domicilio para vodas en Galicia

20/03/2024 Catering
Unha voda é un momento especial, un día cheo de emocións e detalles inesquecibles. E todos somos conscientes de que nunha cita destas características nada pode fallar: desde a cerimonia ata todo o relativo á comida e bebida. Para que non teñas que preocuparche disto último, en Pulpería Porta
A esencia de Galicia en cada cachelo 20 Set

A esencia de Galicia en cada cachelo

20/09/2023 Catering
Os meses estivais son perfectos para deleitarse coa marabillosa gastronomía galega. Esta esquina do noroeste peninsular é ben coñecida pola súa deliciosa comida, pero tamén pola súa impresionante costa, as súas verdes paisaxes, os seus mil ríos, a súa cultura, as súas tradicións e a súa rica

Contacte con Pulpería Porta

Está interesado nos nosos servizos? Chámenos, estaremos encantados de atendelo.