Icono de teléfono
659 908 745

Contacte con nós

Catering de churrasco no verán: consellos para que todo saia perfecto ao aire libre

Publicado: 10 de xuño de 2026, 12:47
  1. Catering
Catering de churrasco no verán: consellos para que todo saia perfecto ao aire libre

O churrasco ao aire libre ten algo que ningún outro formato de celebración logrou superar ata o momento: esa mestura de fume, brasa, boa compañía e tempo de calidade que converte calquera reunión en algo memorable. Pero detrás dun evento deste tipo que funciona de verdade hai moita planificación, bos produtos e unha loxística que non permite deixar nada ao azar. Quere que o seu catering de churrasco saia realmente perfecto? Entón non hai máis que falar: siga lendo o que relatamos neste novo artigo dos nosos especialistas en catering en Galicia.

A calidade da carne, o punto de partida

Un bo churrasco comeza pola elección da carne. Neste caso, a tenreira galega —coa súa graxa infiltrada e o seu sabor intenso— é a base indiscutible de calquera menú de brasa que se prece. O churrasco de tenreira, as costelas, o chuletón e os pinchos de carne son os cortes que mellor responden á brasa lenta e, se confía na experiencia que xa acumulamos en Pulpería Porta Catering, pode estar tranquilo: só traballamos con provedores locais de confianza para garantir que a materia prima estea á altura do evento.

O lume necesita tempo: a planificación é clave

Un dos erros máis habituais en eventos de churrasco é subestimar o tempo que necesita a brasa: para que sexa perfecta ten que ser de carbón ou leña e debería tardar entre 40 e 60 minutos en acadar o punto axeitado para cociñar. Lembre que empezar tarde é empezar mal! Por iso os nosos especialistas en catering en Galicia chegamos co tempo suficiente para que todo estea listo á chegada dos convidados.

O espazo e a loxística, tan importantes como a comida

Organizar un catering de churrasco ao aire libre tamén require pensar en moitos detalles máis alá da grella: zona de preparación, mesas e cadeiras, mantelaría, cubertaría, zona de bebidas con xeo, un punto para lavar as mans e, se o evento é de noite ou non está claro que tempo vai facer, iluminación e protección ante a choiva. O noso consello é que non esqueza todos estes detalles, aínda que sería moito mellor idea que o deixara nas nosas mans.

Os acompañamentos fan o menú completo

O churrasco non é só un menú: necesita acompañamentos que completen o prato e dean opcións aos comensais con distintos gustos. Ensaladas frescas, pan de broa, pementos de Padrón, patacas asadas ou verduras á brasa son os máis solicitados nos eventos que organizamos. E é que unha boa variedade de entrantes tamén axuda a xestionar os tempos de espera mentres se rematan de facer as pezas principais.

Chámenos e organizamos un catering de churrasco perfecto en Galicia

Se ten en mente organizar unha celebración con brasa este verán, contacte connosco e contarémoslle as nosas ideas para que o seu catering de churrasco en Galicia sexa realmente perfecto.

Noticias relacionadas

Que inflúe no prezo final dun catering en Galicia? 26 Out

Que inflúe no prezo final dun catering en Galicia?

26/10/2026 Catering
Organizar un evento en terras galegas é sinónimo de celebración, hospitalidade e, por suposto, unha gastronomía espectacular. Agora ben: canto custa facelo? O orzamento non se calcula ao chou. Desde Pulpería Porta Catering contámoslle os factores que interveñen no prezo final. O formato do menú e
Catering para eventos corporativos: diferenzas clave cos eventos sociais e familiares 17 Set

Catering para eventos corporativos: diferenzas clave cos eventos sociais e familiares

17/09/2026 Catering
En Pulpería Porta Catering entendemos que cada reunión ten unha alma distinta. A miúdo pénsase que o servizo de catering é unha fórmula fixa, pero nada máis lonxe da realidade. Cando organizamos un evento corporativo, o obxectivo principal adoita ser a eficiencia, o networking ou a imaxe de marca,
Verbenas e festas de verán en Galicia: por que o catering é a alma da celebración? 23 Xuñ

Verbenas e festas de verán en Galicia: por que o catering é a alma da celebración?

23/06/2026 Catering
Galicia no verán é sinónimo de festa! Desde as grandes romarías ata as verbenas de parroquia, pasando polos festivos patronais que enchen de xente as prazas e os campos durante todo xullo e agosto, a cultura festiva galega ten unha identidade propia que non se entende sen a mesa. Aquí a comida non
7 claves para que o catering do teu casamento sexa un éxito que recorden todos os invitados 13 Mai

7 claves para que o catering do teu casamento sexa un éxito que recorden todos os invitados

13/05/2026 Catering
A comida é, sen discusión, un dos momentos que máis recordan os invitados dun casamento. Pode que a decoración se esqueza co tempo, pero unha mesa ben servida, un produto de calidade e un servizo impecable deixan pegada. Tendo en conta este detalle clave, ¿non merece a pena preparar este momento

Contacte con Pulpería Porta

Está interesado nos nosos servizos? Chámenos, estaremos encantados de atendelo.