Icono de teléfono
659 908 745

Contacte con nosotros

Temas

Servizo de pulpeiro: fai da tua celebración unha data inesquecible!

23/06/2021
  1. Pulpería

O verán é a época do ano na que se organizan máis celebracións, sobre todo no relativo ás vodas. Cada vez é máis frecuente deixar en mans dun servizo de cátering profesional todo o traballo de preparación de petiscos e comidas para que nunha celebración todo salga perfecto e ninguén teña unha mínima queixa da calidade ou a cantidade de comida.

Contar cos servizos de Pulpería Porta é sinónimo de acerto. Fará da súa celebración unha data inesquecible na que a que pode deixar todo nas nosas mans.

Encargámonos da organización integral de calquera evento

Como negocio de hostalería que somos, o principal para nós é a elaboración de cada un dos nosos pratos e ofrecer calidade e variedade no servizo de cátering a cada un dos nosos clientes. Pero isto non é o único que podemos facer por vostede.

En Pulpería Porta os nosos servizos céntranse máis aló da cociña e por iso encargámonos das tarefas de organización de eventos de forma integral.

Isto quere dicir que contamos con carpas propias para os nosos eventos con todo luxo de detalles, que comezan coa instalación de baños portátiles sen son necesarios e acaban coa instalación de cociñas totalmente equipadas que alimentamos con potentes xeradores de corrente. Adaptámonos a cada espazo no que se organiza o evento, xa sexan leiras particulares, pazos, casas rurais…

En canto ao que ten que ver coa comida, ofrecemos diferentes opcións de menús pechados ou buffet adaptado a cada tipo de evento, podendo facer unha selección entre pratos fríos ou diferentes opcións de carnes, polbo e tapas quentes.

Servizo de pulpeiro: fai da tua celebración unha data inesquecible! - Imagen 1

Especialistas en polbo da ría

Como non podía ser doutra forma, unha das nosas especialidades son a do servizo de polbeira. Escollemos o mellor produto local para que ninguén quede sen probar o noso prato estrela, con materia prima de primeira calidade para que todo o mundo teña a ocasión de gozar da exquisitez do prato por excelencia da cociña galega. O polbo da ría podemos complementalo tamén cos seus correspondentes cachelos para unha experiencia gastronómica máis completa.

Pero aquí non terminan a nosa cara de comidas, pois temos tamén experiencia na organización de eventos con pratos nos que a carne á brasa é tamén prato principal. Churrascos ou costela de tenreira ao espeto son parte da nosa selección de elaboración de carne. Se prefire optar por guisos, déixese seducir polas nosas elaboracións de carne ao caldeiro ou carne richada. Tamén os nosos callos son dignos de mención.

Para completar a comida, non nos podemos esquecer tampouco da nosa ampla carta de sobremesas para adozar o final do evento con algo diferente co que acabar realmente satisfeitos.

Se está a organizar un evento de calquera tipo para este verán, póñase en contacto con Pulpería Porta e nós encargarémonos de deseñar un menú á súa medida e da instalación e decoración de todo o que faga falta no lugar escollido para tal evento nas datas programadas.

Noticias relacionadas
Canto tempo ten que cocer un polbo?

Canto tempo ten que cocer un polbo?

09/11/2022
O tempo de cocción exacto é un dos segredos mellor gardados da gastronomía galega co seu afamadísimo polbo a feira. Unha das nosas receitas estrela en Pulpería Porta, o teu catering a domicilio en Galicia, que hoxe queremos compartir contigo. Toma lapis e papel e prepárate para descubrir un dos
Canto tempo debe cociñarse un polbo?

Canto tempo debe cociñarse un polbo?

26/05/2022
Exquisito manxar que non debe faltar en ningunha celebración que se prece, o polbo é o protagonista da mesa en moitos eventos e efemérides galegas. Conseguir o mellor sabor deste delicioso produto de mar é unha arte que comeza por unha cocción correcta. E é que un dos segredos mellor gardados á
Cal é o segredo para preparar ben o polvo?

Cal é o segredo para preparar ben o polvo?

08/06/2021
O polbo á galega ou polbo a feira é o prato por excelencia da gastronomía galega. Dominar este prato non é sinxelo e por iso hai negocios como as pulperías que fixeron desta elaboración a súa forma de gañarse a vida, exportando a súa boa man entre fogóns para a preparación do polbo a eventos,
En que eventos podemos incluír o noso servizo de pulpeiro?

En que eventos podemos incluír o noso servizo de pulpeiro?

28/04/2021
O polbo a feira é considerado a nivel nacional como un dos mellores pratos da gastronomía galega, e non é para menos. Como galegos e expertos na preparación de polbo, en Pulpería Porta Catering sabemos que incluír este prato en calquera celebración ou evento é unha boa forma de contentar aos

Compárteo!

Contacta con Pulpería Porta

¿Está interesado en nuestros servicios? Llámenos, estaremos encantados de atenderle.

ipt>