Se hai un produto que define a gastronomía galega, ese é o polbo. O seu sabor, textura e presenza nas feiras e romerías fan que forme parte da alma culinaria de Galicia. E a nós encántanos! Como especialistas en cátering a domicilio para festas e eventos en Galicia, en Pulpería Porta ocupámonos de levar ese espírito a cada celebración con receitas que respectan a tradición e poñen en valor o mellor polbo da ría. Para que poidas descubrir algunhas das mellores que elaboramos con este ingrediente, preparámoste o artigo que agora mesmo tes contigo. Coidado que provoca fame??
1. Polbo á galega (Polbo á feira)
O clásico entre os clásicos. Este plato representa a tradición máis pura das nosas feiras e romerías. O segredo está na cocción: o polbo debe estar tenro, pero firme. Unha vez cocido, córtase en toros e sérvese sobre una táboa de madeira cos tradicionais cachelos (patatas galegas). O toque final póñeno o aceite de oliva virxe extra, o pementón —metade doce, metade picante— e o sal groso.
2. Croquetas de polbo da ría
As croquetas son un deses bocados que nunca fallan, pero con polbo transfórmanse nunha pequena homenaxe á nosa terra. A base é unha masa cremosa á que se lle engade polob cocido e picado fino xunto cunha pizca de noz moscada, sal e pementa. Despois moldéanse, rebózanse e fríense ata obter un exterior dourado e crocante. O resultado é unha croqueta suave por dentro, co toque inconfudible do polbo da ría, perfecta para servir como aperitivo en calquera evento ou festa galega.
3. Polbo á prancha con queixo de tetilla
Esta receita combina dous dos tesouros máis recoñecibles de Galicia: o polbo e o queixo de tetilla. Tras unha breve cocción, o polbo pásase pola prancha para potenciar o seu sabor e conseguir ese punto de textura caramelizada. Despois, só hai que colocalo sobre unha base de puré ou pan rústico e cubrilo cunha fina capa de queixo de tetilla lixeiramente fundido. O contraste entre o sabor marino do polbo e a suavidade cremosa do queixo crea unha combinación exquisita que conquista a calquera que a probe.
Con Pulpería Porta Catering, estes sabores galegos viaxan contigo
En Pulpería Porta Catering, traballamos cos mellores produtos do mar e a terra galega para levar a auténtica experiencia gastronómica de Galicia a cada evento. Desde o polbo e o churrasco ata os callos, cachelos ou carne ao caldeiro, todos os nosos pratos prepáranse de xeito casera e artesanal, respectando a tradición e o sabor de sempre.
Ofrecemos menús personalizados para vodas, festas, feiras e celebracions, con mariscos, carnes, entrantes e viños galegos das mellores denominacións de orixe: Albariño, Ribeiro, Godello ou Mencía.
Queres que o teu evento teña ese sabor inconfundible que só ofrece Galicia? Pois contacta con nós e confía na experiencia que temos traballando para todo tipo de festas e eventos na nosa terra.