Icono de teléfono
659 908 745

Contacte con nosotros

Temas

Canto tempo ten que cocer un polbo?

09/11/2022
  1. Pulpería

O tempo de cocción exacto é un dos segredos mellor gardados da gastronomía galega co seu afamadísimo polbo a feira. Unha das nosas receitas estrela en Pulpería Porta, o teu catering a domicilio en Galicia, que hoxe queremos compartir contigo. Toma lapis e papel e prepárate para descubrir un dos modos de elaboración dun prato único e cheo de todo o sabor da tradición.

O polbo cociñado en tixola

Se non temos a man unha pota de cocción rápida, a opción máis recomendable, quizais che sorprenda saber que o polbo tamén pode prepararse nunha tixola común, é todo cuestión de maña e mais de saber ben os procedementos.

Neste caso deberás de agardar a que estea a auga fervendo para facer tres inmersións rápidas, o que popularmente se coñece coma asustar ao polbo, unha técnica tradicional que mellora en grande medida o sabor deste manxar galego. 

Acertar co tempo de cocción é algo que depende moito dos quilos de polbo que vaiamos preparar. Coma referencia inicial: ten en conta que por cada quilo de polbo soen empregarse quince minutos de cocción. Cando a auga xa estea fervendo, baixamos un pouco o lume e deixamos repousar, tras uns 15 ou 20 minutos de cocción, agardando que o polbo estea no seu punto exacto.

O polbo cociñado en pota

Esta sería a mellor opción. Se temos unha olla rápida deberemos agardar a que suba a válvula e, unha vez pasado este intre, retirar o polbo do lume.

Outra opción do máis apetecible é cociñar o polbo no seu propio xugo, unha maneira moi tradicional e saborosa de preparalo. Voltamos aplicar aquí a regra de vinte minutos de cocción por quilo de polbo, cocéndoo sen destapar a tixola ata o final. Na olla rápida que comentabamos ao inicio, como é de supor, o tempo de cocción diminúe de xeito significativo, polo que con 8 minutos de media soe ser suficiente para obter o resultado desexado.

Tedes un gran evento e queredes que o polbo, e todo o sabor da tradición, estean presentes? Nese caso non dubidedes en contactar con Pulpería Porta, o voso catering a domicilio en Galicia de toda confianza. Un equipo de profesionais expertos de primer nivel e amplísima experiencia na preparación tradicional de este clásico galego estará encantando de atendervos e mais de facer que na vosa próxima celebración todo saia -e nunca mellor dito- a saír de boca.

O noso servizo está dispoñible para eventos de todo tipo en toda Galicia. Por iso, en ocasións especiais, non deixes nada ao chou e confía nos mellores profesionais do sector: confía en Pulpería Porta. Agardámosvos!

Noticias relacionadas
Canto tempo debe cociñarse un polbo?

Canto tempo debe cociñarse un polbo?

26/05/2022
Exquisito manxar que non debe faltar en ningunha celebración que se prece, o polbo é o protagonista da mesa en moitos eventos e efemérides galegas. Conseguir o mellor sabor deste delicioso produto de mar é unha arte que comeza por unha cocción correcta. E é que un dos segredos mellor gardados á
Servizo de pulpeiro: fai da tua celebración unha data inesquecible!

Servizo de pulpeiro: fai da tua celebración unha data inesquecible!

23/06/2021
O verán é a época do ano na que se organizan máis celebracións, sobre todo no relativo ás vodas. Cada vez é máis frecuente deixar en mans dun servizo de cátering profesional todo o traballo de preparación de petiscos e comidas para que nunha celebración todo salga perfecto e ninguén teña unha
Cal é o segredo para preparar ben o polvo?

Cal é o segredo para preparar ben o polvo?

08/06/2021
O polbo á galega ou polbo a feira é o prato por excelencia da gastronomía galega. Dominar este prato non é sinxelo e por iso hai negocios como as pulperías que fixeron desta elaboración a súa forma de gañarse a vida, exportando a súa boa man entre fogóns para a preparación do polbo a eventos,
En que eventos podemos incluír o noso servizo de pulpeiro?

En que eventos podemos incluír o noso servizo de pulpeiro?

28/04/2021
O polbo a feira é considerado a nivel nacional como un dos mellores pratos da gastronomía galega, e non é para menos. Como galegos e expertos na preparación de polbo, en Pulpería Porta Catering sabemos que incluír este prato en calquera celebración ou evento é unha boa forma de contentar aos

Compárteo!

Contacta con Pulpería Porta

¿Está interesado en nuestros servicios? Llámenos, estaremos encantados de atenderle.

ipt>