Icono de teléfono
659 908 745

Contacte con nós

Canto tempo debe cociñarse un polbo?

Publicado: 26 de maio de 2022, 15:45
  1. Pulpería
Canto tempo debe cociñarse un polbo?

Exquisito manxar que non debe faltar en ningunha celebración que se prece, o polbo é o protagonista da mesa en moitos eventos e efemérides galegas. Conseguir o mellor sabor deste delicioso produto de mar é unha arte que comeza por unha cocción correcta. E é que un dos segredos mellor gardados á hora de cociñas o polbo está en saber canto tempo e con que intensidade debe ser esta cocción.

Dende Pulpería Porta, o teu catering a domicilio en Galicia, compartimos hoxe unha das mellores receitas da nosa terra e desvelamos todos os trucos para que o resultado sexa tan delicioso como esperamos.

Cocción do polbo nunha pota común

Se non temos unha olla rápida e imos cociñar o polbo nunha olla común, o primeiro que temos que facer son tres inmersións rápidas cando a auga estea fervendo. Cada inmersión bastará con que sexa duns cinco segundos, unha operación que se coñece como “asustar o polbo” e que mellora o sabor deste produto

A continuación, atinar co tempo de cocción preciso realmente depende moito dos quilos que vaiamos cociñar. Para facérmonos unha idea, podemos tomar coma referencia os quince minutos de cocción para cada quilo de polbo, contando, claro está, dende o momento no que a auga xa ferve ata o momento no que baixaremos un pouco o lume.

O ideal para cociñar o polbo de facelo coa olla destapada. Despois dos 15 ou 20 minutos iniciais, deixaremos repousar o polbo por outros 15 minutos e compraremos si se atopa no punto cravando un palillo. 

Cocción do polbo nunha pota rápida

Si temos á nosa disposición unha pota rápida, vai variar o tempo de cocción: uns oito minutos será suficientes para preparar ese quilo de polbo que tomamos antes coma referencia.

Contaremos o inicio deste tempo de cocción cando a válvula suba, unha vez concluído este lapso, retirarémolo do lume e deixaremos que a válvula baixe. Por cada quilo de polbo, engadiremos uns dous ou tres minutos máis ao tempo total da cocción.

Cocción do polbo no seu xugo

Outra opción non menos suculenta é a cocción no polbo na súa propia auga. Tamén aquí variarán os tempos de cocción segundo teñamos unha pota estándar ou rápida. No primeiro caso, cociñaremos o quilo de polbo en vinte minutos, sen destapar a pota ata o final, momento no que comprobaremos si o produto está a punto coa axuda dun garfo. En caso de que empreguemos pota rápida, o tempo de cocción baixará a 8 minutos.

Si queres que este manxar acompañe o teu evento cunha calidade e un sabor extraordinario, confía en Pulpería Porta, o teu catering a domicilio en Galicia. Encargarémonos de que todo estea perfecto para ese momento tan especial.

Noticias relacionadas

A pulpería, imprescindible en tódalas festas de maio 11 Mai

A pulpería, imprescindible en tódalas festas de maio

11/05/2023 Pulpería
En Galicia, as festas de maio son unha tradición moi arraigada e unha das cousas máis típicas en todas elas é a presenza da pulpería. Aínda que pode haber outros pratos e bebidas, o polbo á feira é sen dúbida o prato estrela destas celebracións e a pulpería é o lugar onde se prepara e se serve con
Canto tempo ten que cocer un polbo? 9 Nov

Canto tempo ten que cocer un polbo?

09/11/2022 Pulpería
O tempo de cocción exacto é un dos segredos mellor gardados da gastronomía galega co seu afamadísimo polbo a feira. Unha das nosas receitas estrela en Pulpería Porta, o teu catering a domicilio en Galicia, que hoxe queremos compartir contigo. Toma lapis e papel e prepárate para descubrir un dos
Servizo de pulpeiro: fai da tua celebración unha data inesquecible! 23 Xuñ

Servizo de pulpeiro: fai da tua celebración unha data inesquecible!

23/06/2021 Pulpería
O verán é a época do ano na que se organizan máis celebracións, sobre todo no relativo ás vodas. Cada vez é máis frecuente deixar en mans dun servizo de cátering profesional todo o traballo de preparación de petiscos e comidas para que nunha celebración todo salga perfecto e ninguén teña unha
Cal é o segredo para preparar ben o polvo? 8 Xuñ

Cal é o segredo para preparar ben o polvo?

08/06/2021 Pulpería
O polbo á galega ou polbo a feira é o prato por excelencia da gastronomía galega. Dominar este prato non é sinxelo e por iso hai negocios como as pulperías que fixeron desta elaboración a súa forma de gañarse a vida, exportando a súa boa man entre fogóns para a preparación do polbo a eventos,

Contacte con Pulpería Porta

Está interesado nos nosos servizos? Chámenos, estaremos encantados de atendelo.