Icono de teléfono
659 908 745

Contacte con nós

Voda en setembro? Nós poñemos o catering!

Publicado: 19 de setembro de 2022, 09:38
  1. Catering
  2. Restauración
  3. Eventos
Voda en setembro? Nós poñemos o catering!

Un día tan especial merece un banquete inesquecible. Por iso o catering é cada vez máis un dos grandes protagonistas que fan que a xornada da túa voda sexa perfecta.

Son moitos os que nunha data tan sinalada, optan por todo o sabor do noso: o sabor da tradición. En Pulpería Porta somos especialistas nos manxares de Galicia. Cociña tradicional e moderna para que todo estea ao teu gusto nun día tan importante. Descubre todo o que podemos ofrecerte para facer as delicias dos teus invitados. 

Catering profesional para vodas en toda Galicia

Imaxínaste ter todo un restaurante ao teu servizo para o día da túa voda cos mellores sabores de Galicia e en calquera punto da nosa xeografía?

Exactamente isto é o que poñemos á túa disposición en Pulpería Porta Catering: para o día máis especial terás só para ti un equipo de chefs afamados, un equipo de camareiros de dilatada experiencia no servizo aos comensais, unha carpa totalmente equipada en caso de que a choiva faga a súa aparición e adaptada ao teu terreo (leira, pazo, casa rural, xardín...), mobiliario ao teu gusto, menaxe de cociña e unha auténtica festa gastronómica da man dos nosos manxares.

O polbo da nosa ría é a especialidade número un de Pulpería Porta Catering, pero podemos ofrecerte aínda moito máis. Ti decides como queres que sexa o menú degustación, deseñado para ti con todo mimo a medida, o día da túa voda. Poderás elixir entre unha ampla oferta de pratos, viños e licores de Galicia.

Entre as recomendacións habituais dos nosos chefs, atópanse carnes con todo o sabor da tradición, coma a carne ao caldeiro, o churrasco, a richada ou a tenreira ao espeto. Delicatessems de todos os tempos que nunca defraudan.

Ademais de contar con produtos coidadosamente seleccionados, todos eles de primeira calidade, en Pulpería Porta Catering temos tamén a sorte de poder ofrecervos os mellores viños como branco do país, Ribeiro, Albariño, Godello, Tinto barrantes, Mencía e Rioja. 

A importancia de contar cun servizo profesional de catering

O día da túa voda non deixes nada ao chou. Pola nosa experiencia neste tipo de eventos, resulta fundamental coidar cada detalle e apostar por un servizo de catering profesional, capaz de ofrecer os mellores produtos de Galicia, o maior agarimo na preparación das receitas e un trato de excelencia cos comensais para que todo sexa perfecto durante toda a xornada.

Lembra que nun día de tanta emoción como o día da túa voda, só debes estar encargado de pasalo en grande e gozar ao máximo desta xornada memorable. Contacta con Pulpería Porta Caterinb para que nos encarguemos de todo o demais e non teñas que preocuparte por nada.

 

 

Noticias relacionadas

Consellos para organizar unha festa galega na casa con servizo de catering 12 Dec

Consellos para organizar unha festa galega na casa con servizo de catering

12/12/2025 Catering
Unha festa galega é moito máis que compartir comida; é revivir costumes, gozar da gastronomía local e crear un ambiente acolledor que traslade aos seus convidados ao mellor da nosa terra. Quere organizar unha memorable? Entón non o dubide: pídamos axuda. En Pulpería Porta Catering contamos cun
É posible adaptar os menús de Pulpería Porta? 27 Nov

É posible adaptar os menús de Pulpería Porta?

27/11/2025 Catering
Cando se pon á fronte da organización dun evento, na maioría dos casos hai un detalle que se convirte no verdadeiro corazón deste: a comida. Sabémolo moi ben porque en Pulpería Porta Catering ofrecemos un dos mellores servizos de  comidas e menús de catering en Galicia, así que nos enfrontamos
5 pratos imprescindibles para unha festa galega con servizo de cátering 28 Out

5 pratos imprescindibles para unha festa galega con servizo de cátering

28/10/2025 Catering
Se hai algo que nos caracteriza aos galegos é a nosa maneira de celebrar as cousas: boa música, bo ambiente e, sobre todo, boa comida. En calquera festa que se prece, a gastronomía é a gran protagonista e, se apostas por un cátering, escoller os pratos axeitados é clave para que todos os
Canto custa contratar un catering de Pulpería Porta? 13 Out

Canto custa contratar un catering de Pulpería Porta?

13/10/2025 Catering
Está a pensar en contratar os servizos dunha empresa de catering para organizar un evento? Seguramente teña certos receos respecto ao custo do mesmo. En Pulpería Porta somos unha das empresas de catering de referencia de Galicia, e sempre respondemos o mesmo: depende. Somos conscientes de que cada

Contacte con Pulpería Porta

Está interesado nos nosos servizos? Chámenos, estaremos encantados de atendelo.