Icono de teléfono
659 908 745

Contacte con nosotros

Temas

Trucos para cociñar ben o churrasco á brasa

12/07/2021
  1. Carnes

Na nosa comunidade hai una gran cantidade de pratos típicos con fama e renome, pero o churrasco a brasa é un dos que máis paixón esperta entre galegos e estranxeiros.

En Pulpería Porta, ademais de ser expertos na elaboración de polbo a feira, tamén somos especialistas en cociñar una gran variedade de pratos da gastronomía galega como é o churrasco á brasa. Se queres contar con este suculento manxar nalgún tipo de celebración ou evento, recorda que en Pulpería Porta dispoñemos dun servizo de catering co que poderás gozar dunha gran cantidade de pratos típicos de Galicia.

Que precisamos para facer un bo churrasco a brasa?

En Pulpería Porta levamos moitos anos dedicándonos á cociña, polo que coñecemos á perfección todo os pasos e ingredientes necesarios para conseguir un bo churrasco á brasa.

A carne

Un dos elementos máis importantes para poder facer un bo churrasco é contar cunha carne de calidade. O máis recomendable é acudir o noso carniceiro de confianza ou algún local especializado neste tipo de carne e no seu corte. O ideal é que as costelas de porco non se corten moi finas, parar evitar que as brasas sequen a carne demasiado e incluso a queimen.

En Pulpería Porta, sempre apostamos por carne do país para asegurar a súa calidade e o mellor sabor para os nosos clientes.

O adobo ou aderezo

Aínda que a receita para o adobo da carne depende do gusto do cociñeiro ou consumidor, o máis habitual é facelo con ourego, cebola, auga, pementa vermella, allo, aceite, sal e vinagre. Moitos destes ingredientes teñen de por si un sabor forte, polo que deixar a carne demasiado tempo co aderezo fará que o seu sabor se camufle co da salsa.

Para garantir que os nosos clientes quedan satisfeitos, en Pulpería Porta falamos previamente con eles para determinar o tipo, cantidade e tempo que lles gustaría que o churrasco este en adobo.

As brasas

O primeiro que temos que saber antes de acender as brasas é determinar se imos utilizar leña ou carbón vexetal. Aínda que ambas son una boa opción, se o que precisamos é aforrar tempo, o carbón vexetal convertese en brasas moito máis rápido que a leña.

Una vez tomada a decisión, chega o momento de prender o lume, para iso podemos atopar en diferentes establecementos, materias ou líquidos inflamables que nos axuden a acelerar o proceso.

En Pulpería Porta, recomendamos empregar ramas secas para evitar a utilización de químicos que poidan danar o sabor do churrasco ou calquera tipo de carne.

A grella

Contar cunha boa grella ou asador que nos permita colocar a carne e separala en función do grosor do corte ou do finas que prefiramos as pezas e fundamental para conseguir que o churrasco quede no seu punto óptimo.

En función dos gustos de cada un, o tempo que a carne este ás brasas variará.

 

Se despois deste artigo, tes ganas de comer un bo churrasco a brasa, en Pulpería Porta contamos un servizo de catering co que poderás desfrutar unha ampla variedade de pratos típicos da nosa gastronomía. Ponte en contacto con nós e dinos ata onde temos que desprazarnos, traballamos por toda Galicia.

Noticias relacionadas
Que non pode faltar nun bo cocido galego?

Que non pode faltar nun bo cocido galego?

25/11/2021
Aínda que o cocido é unha comida atemporal para todo bo galego, a época das chuvias e do vento sempre se presta para facer unha boa pota de cocido. É unha das comidas galegas máis naturais e da que podes desfrutar durante varios días. Ademais ten o engadido de que permite facer multitude de comidas
Receita de lacón con grelos: comida típica do Entroido galego

Receita de lacón con grelos: comida típica do Entroido galego

08/02/2021
Unha das receitas máis tradicionais de Galicia, ademais da empanada ou o polbo á feira, é o lacón con grelos. Nestes fríos meses é habitual que este prato se presente nas mesas de todos os fogares galegos, por exemplo, unha vez por semana. A preparación do lacón con grelos é sinxela e o número de
Coñeces os cortes da tenreira?

Coñeces os cortes da tenreira?

23/09/2020
A carne úsase en miles de receitas e todas son deliciosas. Ten un sabor peculiar cunha extraordinaria textura que cautiva o padal de todos os amantes da carne, ademais, a súa cocción é sinxela e adáptase aos gustos de cada comensal, podendo preparar a mesma receita coa carne en diferentes puntos:
Cordeiro, a carne perfecta para unha celebración

Cordeiro, a carne perfecta para unha celebración

17/09/2019
Entre as variedades de carne que temos en Pulpería Porta Catering, unha das máis demandadas é a de cordeiro. Os nosos chefs profesionais teñen unha técnica especial para preparar carne de cordeiro, mellorando aínda máis o peculiar sabor desta carne. Axudámosche a sorprender aos teus convidados con

Compárteo!

Contacta con Pulpería Porta

¿Está interesado en nuestros servicios? Llámenos, estaremos encantados de atenderle.

ipt>