Icono de teléfono
659 908 745

Contacte con nós

Que non pode faltar nun bo cocido galego?

Publicado: 25 de novembro de 2021, 10:35
  1. Carnes
Que non pode faltar nun bo cocido galego?

Aínda que o cocido é unha comida atemporal para todo bo galego, a época das chuvias e do vento sempre se presta para facer unha boa pota de cocido. É unha das comidas galegas máis naturais e da que podes desfrutar durante varios días. Ademais ten o engadido de que permite facer multitude de comidas a maiores co que sobre, como unhas boas croquetas de cocido.

O normal é que cada familia teña a súa propia receita de cocido, que vai pasando de xeración en xeración, pero nesta noticia vamos poñer os ingredientes imprescindibles a hora de facer un cocido para que sexa un total éxito. Confía nos profesionais da cocina, Pulpería Porta na Estrada.

Todo o que ten que levar un cocido galego triunfador

Comezamos co apartado máis natural, verduras e legumes:

  • Os garavanzos son un legume que non pode faltar xa que aporta un gran sabor ao caldo e teñen unha gran cantidade de beneficios para a saúde.
  • Un par de repolos algo grandes, esta verdura branca e algo imprescindible nesta comida, xa que soe ser unha das grandes protagonistas.
  • Unha boa cantidade de patacas, un cocido que non leve moitos de estes tubérculos non teñen o mesmo sabor, é o ingrediente que come todo o mundo para acompañar dos seus complementos favoritos.

Agora imos falar da parte máis consistente que ten que aparecer nun bo cocido:

  • A cachucha do porco: a lingua, as orellas, o fociño e o rabo. Non ten porque levar todas as partes xuntas, iso xa e cuestión das preferencias de cada un. Pero este animal e o protagonista da carne do cocido.
  • Chourizo, o toque picante que todo cocido ten que levar. Un chourizo da casa no seu punto, nin moi duro nin que se desfaga, pode ser unha gran estrela nesta comida.
  • Un cacho de tenreira, é unha boa variante ante tanto porco.
  • Unha peza de costela, para os amantes da carne é algo moi necesario, xa que se desfai de maneira doada.  
  • O touciño, outórgalle moita graxa ao cocido e por ende moito sabor ao caldo.
  • Un bo lacón, porque non soamente tómase con grelos, non pode faltar nesta elaboración.
  • A maiores hai condimentos como o sal, aceite, unha peza de unto e a auga que xa se dan por incluídos para completar a receita.

Especialistas en comida galega, Pulpería Porta

Para os amantes da comida, nada mellor que a gastronomía galega. Un bo cocido, un pouco de polvo, carne ao caldeiro… Se andas a buscar unha comida caseira con produtos de primeira calidade, contrata o servizo de cátering de Pulpería Porta. ¡Quedarás con ganas de máis!

Noticias relacionadas

Como preparar unha parrillada de churrasco na casa? 19 Mai

Como preparar unha parrillada de churrasco na casa?

19/05/2023 Carnes
A gastronomía galega é famosa polo seu sabor intenso e auténtico, e un prato que non pode faltar nunha boa comida é o churrasco. Se tes vontade de preparar unha parrillada de churrasco na comodidade do teu fogar, este artigo en Pulpería Porta, o teu cátering a domicilio en Galicia, guiámoste a
Canto tempo se tarda en facer carne ao espeto? 11 Xul

Canto tempo se tarda en facer carne ao espeto?

11/07/2022 Carnes
Paseniño, con mimo e moito arte. Non é casualidade que as receitas que mellor saben e que máis tempo se manteñen na nosa memoria -e mais no noso padal- sexan tamén as que se fan con maior agarimo. Sucede así cun dos pratos estrela de Pulpería Porta, o seu catering galego a domicilio: a nosa afamada
Trucos para cociñar ben o churrasco á brasa 12 Xul

Trucos para cociñar ben o churrasco á brasa

12/07/2021 Carnes
Na nosa comunidade hai una gran cantidade de pratos típicos con fama e renome, pero o churrasco a brasa é un dos que máis paixón esperta entre galegos e estranxeiros. En Pulpería Porta, ademais de ser expertos na elaboración de polbo a feira, tamén somos especialistas en cociñar una gran variedade
Receita de lacón con grelos: comida típica do Entroido galego 8 Feb

Receita de lacón con grelos: comida típica do Entroido galego

08/02/2021 Carnes
Unha das receitas máis tradicionais de Galicia, ademais da empanada ou o polbo á feira, é o lacón con grelos. Nestes fríos meses é habitual que este prato se presente nas mesas de todos os fogares galegos, por exemplo, unha vez por semana. A preparación do lacón con grelos é sinxela e o número de

Contacte con Pulpería Porta

Está interesado nos nosos servizos? Chámenos, estaremos encantados de atendelo.