Icono de teléfono
659 908 745

Contacte con nós

Precisa un catering para un evento? Chámenos

Publicado: 23 de marzo de 2022, 12:53
  1. Catering
Precisa un catering para un evento? Chámenos

Tras as festas de Nadal, a organización de eventos estivo prácticamente paralizada.  O altísimo número de infectados por Covid e a famosa costa de xaneiro pospuxo para os meses de calor a celebración de vodas, festivais e outro tipo de eventos multitudinarios.

Se vostede está pensado en organizar unha celebración semellante, saiba que en Pulpería Porta Catering ofrecemos servizos de organización de eventos e de catering en toda Galicia. Connosco poderá gozar dunha gran variedade de pratos típicos da gastronomía galega onde desee.

Que é un servizo de catering

As empresas que ofrecemos servizos de catering encargámonos da organización e subministración de alimentos e bebidas para un grupo de persoas nun lugar determinado. Ademais disto, tamén ofertamos servizos de mantelería, camareiros, cociñeiros e persoal de limpeza.

Estos servizos son moi demandados por persoas de todos os ámbitos, debido ao seu carácter multiusos, xa que serven tanto para unha reunión sinxela en casa, como para un evento dunha empresa multinacional.

Por qué confiar en Pulpería Porta Catering

En Pulpería Porta Catering contamos con diferentes clases de menús para todo tipo de eventos. Todos son adaptables, por iso estamos en todo momento en contacto cos nosos clientes. Non importa o que demandedes, nós témolo. En todos os eventos traballamos coas mellores materias primas, xa que se hai algo que nos distingue é o compromiso coa calidade. 

Dentro das nosas especializadas están os productos da terra, como o polbo á feira, como o noso propio nome indica, capturado nas nosas espectaculares rías. Outros pratos clásicos que nunca decepcionan son o churrasco, (sempre de carnes do país), os callos, a tenreira, os cachelos, a richada e diferentes tipos de mariscos. Os nosos entrantes, postres e viños tamén están exquisitos.

Pero espere, que aínda queda máis. Non só ofrecemos comidas e bebidas, senón que tamén dispoñemos de carpas propias, tendas de campaña, cadeiras, mesas, utensilios de cociña (manteis, cubertos...), baños portátiles, xeradores de corrente ou cociñas totalmente equipadas. É dicir, realizamos organizacións integrais de eventos.

Chámenos

Na nosa empresa de A Estrada levamos moitos anos organizando eventos, tanto para particulares como para municipios, como festas ou romarías.

Se busca o cátering perfecto para unha voda, bautizo, comuñón ou calquer outra clase de evento a súa voda, confíe en Pulpería Porta Catering. Contamos cun persoal especializado e cunha dilatada experiencia no sector para a súa total disposición. Poderás ofrecerlle aos teus invitados os mellores pratos preparados por profesionais da cociña.

Non dubide en poñersee en contacto con nós e pídanos presuposto sen compromiso. Estamos desexando poder colaborar con vostede para que o seu evento sexa inesquecible.

Noticias relacionadas

Verbenas e festas de verán en Galicia: por que o catering é a alma da celebración? 23 Xuñ

Verbenas e festas de verán en Galicia: por que o catering é a alma da celebración?

23/06/2026 Catering
Galicia no verán é sinónimo de festa! Desde as grandes romarías ata as verbenas de parroquia, pasando polos festivos patronais que enchen de xente as prazas e os campos durante todo xullo e agosto, a cultura festiva galega ten unha identidade propia que non se entende sen a mesa. Aquí a comida non
Catering de churrasco no verán: consellos para que todo saia perfecto ao aire libre 10 Xuñ

Catering de churrasco no verán: consellos para que todo saia perfecto ao aire libre

10/06/2026 Catering
O churrasco ao aire libre ten algo que ningún outro formato de celebración logrou superar ata o momento: esa mestura de fume, brasa, boa compañía e tempo de calidade que converte calquera reunión en algo memorable. Pero detrás dun evento deste tipo que funciona de verdade hai moita planificación,
7 claves para que o catering do teu casamento sexa un éxito que recorden todos os invitados 13 Mai

7 claves para que o catering do teu casamento sexa un éxito que recorden todos os invitados

13/05/2026 Catering
A comida é, sen discusión, un dos momentos que máis recordan os invitados dun casamento. Pode que a decoración se esqueza co tempo, pero unha mesa ben servida, un produto de calidade e un servizo impecable deixan pegada. Tendo en conta este detalle clave, ¿non merece a pena preparar este momento
Cal é a diferenza entre o polbo á feira e polbo á grella? 24 Mar

Cal é a diferenza entre o polbo á feira e polbo á grella?

24/03/2026 Catering
Se visita Galicia atoparase ante un dos dilemas gastronómicos máis deliciosos da nosa terra. Aínda que a materia prima sexa a mesma —un exemplar de máxima calidade capturado nas nosas rías—, a forma de preparalo transforma por completo a experiencia sensorial. En Polbeira Porta Cátering sabemos que

Contacte con Pulpería Porta

Está interesado nos nosos servizos? Chámenos, estaremos encantados de atendelo.