Icono de teléfono
659 908 745

Contacte con nós

Pratos máis típicos do Nadal galego

Publicado: 13 de decembro de 2022, 17:36
  1. Catering
Pratos máis típicos do Nadal galego

En Galicia, xa se sabe, todas as festas que xiran a carón da gastronomía son sagradas. E por suposto que o Nadal non ía ser una excepción: unha festividade que en terras galegas ten o seu propio sabor. Dende Pulpería Porta Catering queremos renderlle homenaxe a unha das épocas máis entrañables do ano facendo un repaso deses pratos únicos, protagonistas indiscutible da nosa mesa, que non deben faltar nestas datas tan sinaladas.

 

O marisco

Por suposto, non falaríamos dun Nadal galego sen ter en conta o noso marisco de primeira calidade. Un dos alimentos máis representativos da nosa gastronomía é tamén un dos máis desexados nas celebración de Noiteboa, Nadal ou Aninovo. Os percebes, as gambas, as ameixas, os mexillóns, as navallas, os berberechos... A variedade está servida e o padal, claro, contento.

O marisco soe ser o entrante estrela nestas datas sinaladas, con preparacións de todo tipo: gambas á cazola, ameixas en salsa verde, gambas á prancha, vieiras recheas... De feito, unha das cuestións máis características da maneira de degustar o marisco en Galicia é facelo en toda a súa variedade, tanto de tipos de mariscos como tipos de receitas que admiten todos estes produtos. 

 

Carnes

Unha boa carne ao forno serve sempre coma un contundente prato principal, delicioso e moi apropiado para ser o centro do menú de Noiteboa.

O capón é unha das máis demandadas, se falamos de pratos que teñan a carne coma protagonista. Dende Pulpería Porta, para un trunfo asegurado, recomendamos preparar o capón recheo, cun riquísimo acompañamento de castañas asadas.

Por suposto que unha boa tenreira galega non podía estar ausente nunha magnífica selección de carnes para unha data tan especial coma o Nadal. Guisada en viño tinto é quizais unha das receitas máis saborosas para degustar este manxar da terra.

 

Peixes

Para os amantes do peixe antes que da carne, os pratos da gastronomía clásica galega teñen tamén aquí moito que achegar e, ademais, combinarán de marabilla coma primeiro prato despois duns entrantes a base de marisco. Aquí, a pescada, raíña de todos os peixes, é sen dúbida o prato estrela. Se ben é certo tamén que moitas familias galegas elixen nestas datas o característico sabor do bacallau. Con repolo, á prancha, con coliflor cocida, con cachelos... Todas as variedades son estupendas para este esencial de Nadal. 

 

Precisas de máis inspiración para conseguir un menú perfecto para este Nadal? Sodes moitos a cear e buscar unha selección que estea á altura destas datas sinaladas? Contacta con servizo de catering a domicilio que che ofrecemos a toda Galicia dende Pulpería Porta. Encargámonos de facervos chegar a casa todo o sabor da nosa tradición. Agardámosvos.

Noticias relacionadas

Catering de churrasco no verán: consellos para que todo saia perfecto ao aire libre 10 Xuñ

Catering de churrasco no verán: consellos para que todo saia perfecto ao aire libre

10/06/2026 Catering
O churrasco ao aire libre ten algo que ningún outro formato de celebración logrou superar ata o momento: esa mestura de fume, brasa, boa compañía e tempo de calidade que converte calquera reunión en algo memorable. Pero detrás dun evento deste tipo que funciona de verdade hai moita planificación,
7 claves para que o catering do teu casamento sexa un éxito que recorden todos os invitados 13 Mai

7 claves para que o catering do teu casamento sexa un éxito que recorden todos os invitados

13/05/2026 Catering
A comida é, sen discusión, un dos momentos que máis recordan os invitados dun casamento. Pode que a decoración se esqueza co tempo, pero unha mesa ben servida, un produto de calidade e un servizo impecable deixan pegada. Tendo en conta este detalle clave, ¿non merece a pena preparar este momento
Cal é a diferenza entre o polbo á feira e polbo á grella? 24 Mar

Cal é a diferenza entre o polbo á feira e polbo á grella?

24/03/2026 Catering
Se visita Galicia atoparase ante un dos dilemas gastronómicos máis deliciosos da nosa terra. Aínda que a materia prima sexa a mesma —un exemplar de máxima calidade capturado nas nosas rías—, a forma de preparalo transforma por completo a experiencia sensorial. En Polbeira Porta Cátering sabemos que
Menú para un evento pequeno: como adaptar as racións sen perder a esencia? 11 Mar

Menú para un evento pequeno: como adaptar as racións sen perder a esencia?

11/03/2026 Catering
Organizar un evento pequeno non implica renunciar á calidade nin á esencia dunha boa celebración. De feito, en Pulpería Porta Catering cremos que os encontros íntimos ofrecen unha oportunidade marabillosa para mimar aos seus invitados cunha gastronomía excepcional. A clave non está na cantidade de

Contacte con Pulpería Porta

Está interesado nos nosos servizos? Chámenos, estaremos encantados de atendelo.