Icono de teléfono
659 908 745

Contacte con nós

Os mellores entremeses para despedir o ano!

Publicado: 20 de decembro de 2022, 12:04
  1. Catering
Os mellores entremeses para despedir o ano!

O Nadal é unha das épocas máis bonitas do ano, amada por moitos e tamén odiada por outros. Estes días caracterízanse polos reencontros con familiares e amigos, o tempo de lecer, os agasallos e, por suposto, as comidas e ceas abundantes.

Son varias as datas sinaladas nestas semanas nas que nos pasamos horas, horas e horas na cociña. Por culpa disto, ás veces o cansazo non nos permite gozar como cómpre. Por esta razón, desde Pulpería Porta Catering queremos aforrarlle traballo e animarlle a que aposte polo noso servizo de cátering. 

Quere saber que entremeses poñemos á súa disposición para despedir o ano? A continuación contámosllo.

Deixe que nós traballemos por vostede

En Pulpería Porta Catering  queremos que aproveite o tempo libre para pasalo cos seus seres queridos. Por este motivo aconsellámoslle que contrate os nosos servicos de catering  para gozar de deliciosos pratos sen facer ningún esforzo.

Cada vez son máis as persoas que deciden deixar de lado certas tradicións do Nadal e apostan por comer fóra en días como Noiteboa ou Noitevella. Desde Pulpería Porta Catering podémosche ofrecer unha alternativa intermedia ideal: unha deliciosa comida na calidez do seu fogar pero sen ter que pasar tempo na cociña e comprando previamente os alimentos.

Tan só ten que dicirnos o menú que desexa e nós encargarémonos de darlle forma. Adaptámonos a todos os gustos e necesidades (celiacos, veganos…), para que ninguén quede sen gozar da comida. Na nosa páxina web pode consultar algúns dos pratos máis típicos de Galicia que poñemos á súa disposición, pero como xa dixemos, adaptámonos a todos os gustos, polo que non nos rexemos por unha única carta.

De igual forma podémoslle ofrecer unha extensa lista de sobremesas e, tratándose de Nadal, non poden faltar certos postres típicos destas datas para darse un doce capricho.

Experiencia máis que contrastada

En Pulpería Porta Catering levamos desde o ano 1995 traballando para clientes de toda Galicia, prestando os nosos servizos como empresa de cátering a domicilio para eventos familiares ou de empresa, tamén en vodas, bautizos e comuñóns.

Contamos cunha serie de clientes fieis que avalan o noso traballo, e unha gran traxectoria profesional avalada por premios outorgados por entidades como Forum Gastronómico de Santiago nos anos 2010 e 2012, ou o recibido en 2014 no concurso do San Froilán en Lugo.

Non dubide en chamarnos, estaremos encantados de atendelo e resolver calquera das súas dúbidas. Despida o ano con Pulpería Porta Catering  e goza duns días inesquecibles rodeado polos seus seres queridos.

Noticias relacionadas

Como facemos o polbo en Pulpería Porta? 20 Nov

Como facemos o polbo en Pulpería Porta?

20/11/2024 Catering
O polbo á galega é máis que un simple prato, é unha tradición que conecta xeracións e coa que celebramos a esencia de Galicia. En Polbeira Porta, polbería especializada en grandes cáterings na Estrada, nos enorgullece seguir o método tradicional para a elaboración deste manxar, respectando os
Comida galega para todo tipo de eventos! 21 Out

Comida galega para todo tipo de eventos!

21/10/2024 Catering
Desde que iniciamos a nosa traxectoria profesional en 1995, Polbeira Porta Cátering foi sinónimo de sabor, tradición e calidade en Galicia. A nosa paixón pola boa cociña levounos a percorrer cada municipio da nosa preciosa rexión, levando a alegría e o bo comer a cada recuncho. Na nosa empresa de
Catering profesional para empresas con Pulpería Porta 16 Set

Catering profesional para empresas con Pulpería Porta

16/09/2024 Catering
Tes na túa axenda a organización dun evento empresarial en Galicia? Pois non fai falta que o digamos, pero aí imos: lembra que a calidade e a atención ao detalle son primordiais. E para que ambas as cousas estean á altura das expectativas, desde Pulpería Porta na Estrada poñémonos á túa disposición
Callos caseiros? En Pulpería Porta é posible 3 Xul

Callos caseiros? En Pulpería Porta é posible

03/07/2024 Catering
Cando se trata de organizar un evento especial, cada detalle conta. A elección do cátering é unha das decisións máis importantes, e se estás a buscar unha opción auténtica e deliciosa en Galicia, en Pulpería Porta Cátering somos a túa resposta. Cunha ampla experiencia en ofrecer servizos de

Contacte con Pulpería Porta

Está interesado nos nosos servizos? Chámenos, estaremos encantados de atendelo.