Icono de teléfono
659 908 745

Contacte con nós

O cocido galego: prato principal no inverno

Publicado: 26 de outubro de 2022, 09:59
  1. Cocido galego
O cocido galego: prato principal no inverno

especial que diferenza este manxar doutras modalidades no resto de países.

E é que o sabor do cocido tradicional galego é xa toda unha institución coa que moitos comensais, ano tras ano durante o inverno e en particular no entroido, renden homenaxe ás delicias de Galicia.

En Pulpería Porta, o teu catering a domicilio para toda Galicia somos abandeirados deste sabor do noso: famosos pola nosa preparación do cocido tradicional galego, servímolo para calquera recuncho de Galicia a domicilio. Descubre todos os segredos que se agochan tras este prato único.

En que consiste o cocido galego

Cocido galego ou cocido de entroido, no hai padal que se resista a esta preparación que enche calquera acontecemento gastronómico.

A receita tradicional no cocido ten, por suposto, á carne coma protagonista. O porco é o animal que máis se atopa neste prato, se ben a vaca tamén pode formar parte. Unha das cuestións que máis populares fan este prato delicioso é a súa coidada combinación de ingredientes en perfecto equilibrio: as verduras coma os grelos, as nabizas, a verzas ou o repolo, legumes coma os garavanzos, patacas cocidas, e, por suposto, todas as partes do porco que lle dan ese inconfundible sabor: o lacón, a orella, a cachucha, a costela, a lingua, o fociño e máis o rabo. Todo se aproveita no cocido e, en moitas ocasión, engádeselle tamén carne de tenreira galega da mellor calidade. En versións menos comúns, o cocido galego conta tamén coa presenza da galiña ou do polo.

Se hai un lugar coñecido polo seu riquísimo cocido é Lalín, onde se celebra, o domingo anterior a entroido, a tradicional feira do cocido. Porén, podemos considerar que o cocido galego é xa un emblema de toda Galicia que a miúdo degustamos e gozamos nos meses máis fríos do ano, momento no que un bo cocido resulta especialmente reconfortante.

Equilibrado en sabores, rico en valor nutricional e, sobre todo, delicioso para todos os padais, non hai festa que se lle resista a un bo cocido. Prato protagonista de todo xuntoiro. Se ti tamén queres degustar este manxar único en Galicia con ingredientes de primeira calidade e mais cunha preparación por parte das mellores cociñeiras tradicionais, conta con Pulpería Porta. 

Achegamos a nosa receita única de cocido galego a todos os recunchos da xeografía galega para que a celebración dese evento que tes en mente sexa todo un éxito. Contacta connosco sen ningún tipo de compromiso e pide o teu presuposto. Elaboramos menús completos á medida das vosas necesidades, para que o día da degustación todo estea, e nunca mellor dito, a pedir de boca. 

Noticias relacionadas

6 pratos galegos contundentes perfectos para as celebracións 9 Nov

6 pratos galegos contundentes perfectos para as celebracións

09/11/2026 Eventos
Organizar un evento memorable esixe unha gastronomía á altura. En Galicia, falar de festa é sinónimo de mesas abundantes, materias primas excepcionais e receitas tradicionais que reconfortan a alma. Se busca que os seus convidados gocen dunha experiencia auténtica e queden plenamente satisfeitos, a
Que inflúe no prezo final dun catering en Galicia? 26 Out

Que inflúe no prezo final dun catering en Galicia?

26/10/2026 Catering
Organizar un evento en terras galegas é sinónimo de celebración, hospitalidade e, por suposto, unha gastronomía espectacular. Agora ben: canto custa facelo? O orzamento non se calcula ao chou. Desde Pulpería Porta Catering contámoslle os factores que interveñen no prezo final. O formato do menú e
O magosto e a gastronomía galega do outono: qué platos se serven nesta festa popular? 13 Out

O magosto e a gastronomía galega do outono: qué platos se serven nesta festa popular?

13/10/2026 Restauración
O outono en Galicia vívese cunha intensidade especial, marcada pola baixada das temperaturas, a caída da folla e a chegada de festividades tan entrañables como o Magosto. En Pulpería Porta Catering comprendemos profundamente que esta celebración non é só unha xuntanza arredor do lume para asar
3 xeitos de gozar do polbo máis alá do prato á feira 29 Set

3 xeitos de gozar do polbo máis alá do prato á feira

29/09/2026 Pulpería
O polbo é, sen dúbida, o monarca da gastronomía galega. En Pulpería Porta Catering levamos anos honrando a tradición do polbo á feira, respectando ese punto exacto de cocción que só as mans expertas dun polbeiro logran acadar. Agora ben, a versatilidade deste produto permite exploracións culinarias

Contacte con Pulpería Porta

Está interesado nos nosos servizos? Chámenos, estaremos encantados de atendelo.