Os eventos de fin de ano adoitan lembrarse por moitas cousas, pero o certo é que a comida nunca pasa inadvertida. Por iso hai que poñer un mimo especial na escolla do catering! O ideal é que se encargue diso unha empresa especializada, para que o anfitrión só teña que preocuparse dunha cousa: atender os convidados. Quere triunfar este fin de ano? Entón siga lendo: en Pulpería Porta Catering temos algo importante que contarlle sobre o noso servizo de pulpería e catering en Galicia.
Elixa unha pulpería con experiencia na organización de eventos
Non é o mesmo preparar polbo nunha comida pequena que atender as esixencias dunha celebración de empresa, unha festa familiar ou unha xuntanza numerosa. A experiencia nótase nos tempos, na organización e na destreza para resolver imprevistos.
Un bo servizo de pulpería debe chegar preparado, coordinar a montaxe e calcular ben as necesidades do evento. De aí que sexa tan interesante fixarse na experiencia acumulada da empresa na que estea a pensar e preguntar por celebracións parecidas que xa atendese. É a mellor garantía para que a súa festa de fin de ano en Galicia saia tal e como a imaxina.
Comprobe que o polbo sexa o protagonista, pero non o único recurso
O polbo á feira pode ser o centro da celebración. Pero un evento de fin de ano adoita necesitar un menú máis completo, con opcións que acompañen ben o prato principal e permitan que todos gocen.
No noso caso, ademais do polbo, podemos traballar con menús personalizados, carnes, entrantes e propostas adaptadas ao tipo de celebración. Esa flexibilidade do noso servizo de catering é o que nos axuda a deseñar unha comida equilibrada.
Valore se o servizo inclúe montaxe e atención completa
Se contrata un catering para a súa festa de fin de ano, entendemos que busca despreocuparse de practicamente todo o relacionado cos preparativos. Dicímosllo porque non debería dar por feito que a empresa que máis lle gustou vaia ser a encargada da montaxe de mesas, cadeiras etc. Confirme moi ben este aspecto!
Antes de pechar o orzamento, pregunte se inclúe carpas, menaxe e persoal de sala, quen se ocupa de recoller ao rematar e con canta antelación chega o equipo ao lugar. Se a celebración de fin de ano en Galicia é ao aire libre ou nunha finca, confirme tamén que contan con xeradores e cociña propia.
Somos a pulpería perfecta para organizar un evento de fin de ano en Galicia
Chegou ata este artigo porque quere pechar o ano con sabor galego, un bo servizo e unha organización á medida? Deu no cravo! En Pulpería Porta Catering podemos axudarlle a preparar a súa celebración. Póñase en contacto connosco e cóntenos que tipo de evento ten en mente: darémoslle todas as pautas para que o 1 de xaneiro poida presumir de organizar a mellor festa da zona.