Icono de teléfono
659 908 745

Contacte con nós

É posible adaptar os menús de Pulpería Porta?

Publicado: 27 de novembro de 2025, 10:14
  1. Catering
É posible adaptar os menús de Pulpería Porta?

Cando se pon á fronte da organización dun evento, na maioría dos casos hai un detalle que se convirte no verdadeiro corazón deste: a comida. Sabémolo moi ben porque en Pulpería Porta Catering ofrecemos un dos mellores servizos de  comidas e menús de catering en Galicia, así que nos enfrontamos habitualmente aos diferentes gustos de cada cliente, así como ao seus costumes e necesidades. Polo tanto, respondendo á pregunta do título, si podemos adaptar os nosos menús. De feito, falámoslle un pouco máis sobre iso a continuación.

Menús que respectan a tradición galega

Aínda que seaxn adaptables, a nosa base sempre parte dos sabores de aquí, de produtos de mar e de terra que fixeron de Galicia un referente culinario. Platos como o polbo da ría, as costelas de tenreira ó espeto, o churrasco ou a carne ó caldeiro forman parte do noso recetario e permítennos manter viva a esencia das feiras e romarías de toda a vida. Sen eles, pensamos que ningún evento estaría completo.

Opcións personalizadas para cada evento

Agora ben, quere que o polbo sexa protagonista pero acompañado de entrantes lixeiros? ¿Prefire un menú con máis presenza de peixes e mariscos? En Pulpería Porta Catering elaboramos menús personalizables, para que poida elixir entre carnes, peixes, entrantes variados e mesmo viños que encaixen co estilo da súa celebración. Desde un banquete de voda ata unha comida de empresa, a nosa prioridade é que cada mesa sexa un reflexo do que verdadeiramente busca transmitir.

Adaptación aos invitados

Cada evento é distinto e cada invitado tamén. Por iso, poñemos especial atención en deseñar menús que se adapten a diferentes perfís: opcións máis tradicionais para quenes desexan revivir o sabor dunha feira galega, combinacións modernas para quenes apostan por sorprender, ou propostas específicas en caso de alerxias ou intolerancias.

Vai organizar un evento con catering? Póñase en mans dos expertos

Á hora de organizar un evento que inclúa catering, teña en conta que o proceso non se limita a entregar unha carta e pedirlle que elixa. O noso equipo asesórao de forma personalizada, explicando as posibilidades gastronómicas e recomendando combinacións que funcionan segundo o número de invitados, a tempada ou o tipo de celebración.

En Pulpería Porta Catering ocupámonos de adaptar o seu catering en Galicia

Na nosa terra, a comida non se entende sen emoción. Por iso, en Pulpería Porta Catering traballamos coa mellor materia prima e coa flexibilidade necesaria para que cada evento sexa único. Se desexa un menú que combine tradición e adaptación ás súas necesidades, consúltenos sen compromiso: amosarémolle todas as opcións para que a súa celebración teña o sabor auténtico de Galicia.

Noticias relacionadas

Verbenas e festas de verán en Galicia: por que o catering é a alma da celebración? 23 Xuñ

Verbenas e festas de verán en Galicia: por que o catering é a alma da celebración?

23/06/2026 Catering
Galicia no verán é sinónimo de festa! Desde as grandes romarías ata as verbenas de parroquia, pasando polos festivos patronais que enchen de xente as prazas e os campos durante todo xullo e agosto, a cultura festiva galega ten unha identidade propia que non se entende sen a mesa. Aquí a comida non
Catering de churrasco no verán: consellos para que todo saia perfecto ao aire libre 10 Xuñ

Catering de churrasco no verán: consellos para que todo saia perfecto ao aire libre

10/06/2026 Catering
O churrasco ao aire libre ten algo que ningún outro formato de celebración logrou superar ata o momento: esa mestura de fume, brasa, boa compañía e tempo de calidade que converte calquera reunión en algo memorable. Pero detrás dun evento deste tipo que funciona de verdade hai moita planificación,
7 claves para que o catering do teu casamento sexa un éxito que recorden todos os invitados 13 Mai

7 claves para que o catering do teu casamento sexa un éxito que recorden todos os invitados

13/05/2026 Catering
A comida é, sen discusión, un dos momentos que máis recordan os invitados dun casamento. Pode que a decoración se esqueza co tempo, pero unha mesa ben servida, un produto de calidade e un servizo impecable deixan pegada. Tendo en conta este detalle clave, ¿non merece a pena preparar este momento
Cal é a diferenza entre o polbo á feira e polbo á grella? 24 Mar

Cal é a diferenza entre o polbo á feira e polbo á grella?

24/03/2026 Catering
Se visita Galicia atoparase ante un dos dilemas gastronómicos máis deliciosos da nosa terra. Aínda que a materia prima sexa a mesma —un exemplar de máxima calidade capturado nas nosas rías—, a forma de preparalo transforma por completo a experiencia sensorial. En Polbeira Porta Cátering sabemos que

Contacte con Pulpería Porta

Está interesado nos nosos servizos? Chámenos, estaremos encantados de atendelo.