Icono de teléfono
659 908 745

Contacte con nosotros

Temas

Canto tempo se tarda en facer carne ao espeto?

11/07/2022
  1. Carnes

Paseniño, con mimo e moito arte. Non é casualidade que as receitas que mellor saben e que máis tempo se manteñen na nosa memoria -e mais no noso padal- sexan tamén as que se fan con maior agarimo. Sucede así cun dos pratos estrela de Pulpería Porta, o seu catering galego a domicilio: a nosa afamada carne ao espeto, da que hoxe imos compartir o segredo da nosa receita. Iso si, xa lle podemos facer un adianto: a paciencia, o tino e o sentimento teñen moito que ver para chegar a conseguir ese sabor que tantos comensais veñen buscando. 

Carne ao espeto: o segredo para triunfar en calquera ocasión

Nos últimos anos asistimos acotío a unha reinterpretación das receitas tradicionais: esas que foron desprazadas no seu día por novos sabores e ás que cada vez máis comensais regresan de novo na procura dos sabores que botan en falta.

A carne ao espeto é un deses clásicos da cociña galega, exquisito para triunfar en calquera evento. En Pulpería Porta Catering sabémolo ben: son moitos os encargos que recibimos para que a costela de tenreira ao espeto, unha das nosas especialidades, sexa a protagonistas de cenas de empresa, festas de aniversarios ou esperadas reunións de familia. E é que si vostede está na procura dun prato que teña a capacidade de marabillar o padal de todo tipo de asistentes, velaquí está. Hoxe revelamos o seu segredo mellor gardado: o punto de cocción exacto para unha preparación perfecta.

A receita tradicional de carne ao espeto

A técnica importa na elaboración desta riquísima receita: para a carne ao espeto imos elixir sempre unha boas brasas que lle darán un sabor inconfundible.

Esta receita ancestral triunfa por moitos motivos e o feito de conseguir facer a carne ao punto, conseguir que estea tenra pero, ao mesmo tempo, que manteña o seu xugo, é un deles.

É certo que esta non é unha receita para principiantes: require coñecementos do punto de cocción da carne, que debe estar nas brasas durante unhas tres horas, cun lume lento alimentado con leña. Pasado este tempo, observamos o aspecto da carne e, conseguido o punto desexado, damos volta por unha hora máis. Concluídas as catro horas de preparación, conseguimos que toda a carne ao espeto estea no seu punto exacto.

Como vemos, esta receita é laboriosa, require maña, paciencia, coñecementos e tempo. Por iso, si vostede necesita que a carne este perfecta para esa celebración tan especial que non admite error nin contratempos de última hora, a nosa recomendación é que confíe en profesionais da churrascada coma Pulpería Porta.

Ademais, unha das vantaxas engadidas de confiar nos nosos servizos é que os nosos afamados pratos poden ser degustados en calquera punto da xeografía galega grazas ao noso servicio de cátering a domicilio. Contacte connosco sen compromiso.

 

 

Noticias relacionadas
Que non pode faltar nun bo cocido galego?

Que non pode faltar nun bo cocido galego?

25/11/2021
Aínda que o cocido é unha comida atemporal para todo bo galego, a época das chuvias e do vento sempre se presta para facer unha boa pota de cocido. É unha das comidas galegas máis naturais e da que podes desfrutar durante varios días. Ademais ten o engadido de que permite facer multitude de comidas
Trucos para cociñar ben o churrasco á brasa

Trucos para cociñar ben o churrasco á brasa

12/07/2021
Na nosa comunidade hai una gran cantidade de pratos típicos con fama e renome, pero o churrasco a brasa é un dos que máis paixón esperta entre galegos e estranxeiros. En Pulpería Porta, ademais de ser expertos na elaboración de polbo a feira, tamén somos especialistas en cociñar una gran variedade
Receita de lacón con grelos: comida típica do Entroido galego

Receita de lacón con grelos: comida típica do Entroido galego

08/02/2021
Unha das receitas máis tradicionais de Galicia, ademais da empanada ou o polbo á feira, é o lacón con grelos. Nestes fríos meses é habitual que este prato se presente nas mesas de todos os fogares galegos, por exemplo, unha vez por semana. A preparación do lacón con grelos é sinxela e o número de
Coñeces os cortes da tenreira?

Coñeces os cortes da tenreira?

23/09/2020
A carne úsase en miles de receitas e todas son deliciosas. Ten un sabor peculiar cunha extraordinaria textura que cautiva o padal de todos os amantes da carne, ademais, a súa cocción é sinxela e adáptase aos gustos de cada comensal, podendo preparar a mesma receita coa carne en diferentes puntos:

Compárteo!

Contacta con Pulpería Porta

¿Está interesado en nuestros servicios? Llámenos, estaremos encantados de atenderle.

ipt>