Icono de teléfono
659 908 745

Contacte con nós

Sabores máis típicos das empanadas galegas

Publicado: 13 de outubro de 2022, 10:55
  1. Restauración
Sabores máis típicos das empanadas galegas

Variada, insólita e deliciosa. Así é a gastronomía galega e por iso os seus segredos esténdense a miúdo moito máis alá das nosas fronteiras. E se hai un produto típico de Galicia afamado son as empanadas: cunha gama de sabores doces e salgados que merecen un capítulo aparte.

Crémolo así en Pulpería Porta, o teu catering a domicilio en Galicia, onde non podíamos menos que dedicarlle un espazo a este manxar galego que non falta en ningún xuntoiro de xeración en xeración. As empanadas tradicionais galegas conservan todo o sabor do noso, ao tempo que foron quen de adaptarse aos novos tempos e incorporar algunhas sorprendentes propostas. Ficade atentos se queredes descubrilas: con esta guía que fixemos para vós coñeceredes todo o que vos pode ofrecer este manxar ao que a ver quen é capaz de dicirlle que non. Comezamos!

Empanada de berberechos

Se podemos presumir de algo en Galicia é da calidade do noso marisco e do noso peixe, que non pode tampouco faltar na empanada. A empanada de berberechos é un delicioso clásico que, na comarca do Barbanza, fan incluso coa cuncha incluída para que os berberechos empapen ben a masa, que adquirirá un sabor único. Iso si: se probades esta empanada tede paciencia e moito ollo con tragar algunha cuncha

Empanada de raia

Quizás non sexa a máis coñecida en Galicia, pero é típica dalgunhas rexións coma Cedeira e, dende logo, deliciosa: a empanada de raia nesta zona soe facerse aberta, de xeito tal que os comensais poden ver, un a un, todos os ingredientes que contén.

A bóla de nata

Quen dixo que as empanadas tiñan que ser só salgadas? As bólas de nata da zona da Capela inclúenas na sobremesa. Unha opción que triunfa en todos os padais!

Empanada de chocos

Imos as Rías Baixas para dar un bocado exquisito: empanada de chocos guisados, se ben nesta zona, a grande variedade de peixe e marisco, fai que esta tradicional empanada conviva con moitas outras receitas.

Empanada de millo

Pechamos a nosa selección de empanadas galegas cunha que non podería faltar, deténdonos neste caso máis no continente ca no contido: a empanada de millo, da cal o que nos seduce é precisamente a súa masa. Fronte ás demais empanadas, habitualmente feitas de trigo, esta empanada de fariña de millo acompaña de xeito espectacular calquera recheo, se ben as xoubas son unha das máis afamadas.

Queres degustar auténticos manxares galego no teu próximo evento? Contacta con Pulpería Porta e dinos que necesitas. Somos o teu catering de produtos de Galicia a domicilio: esteas onde esteas encargámonos de facerte chegar todo o sabor da tradición. Chámanos!

Noticias relacionadas

Organización integral de eventos en toda Galicia 29 Xul

Organización integral de eventos en toda Galicia

29/07/2021 Restauración
En Pulpería Porta Catering ofrecemos un servizo para toda clase de eventos en leiras particulares, pazos, casas rurais e calquera outro lugar onde nos necesites. Para levar a cabo a organización integral de eventos en toda Galicia dispoñemos de carpas propias con todo tipo de detalles:   Baños
Chega o tempo de festas... contrata o noso servizo de catering! 26 Mai

Chega o tempo de festas... contrata o noso servizo de catering!

26/05/2021 Restauración
O verán xa está a apenas un mes da súa chegada e cando os días son máis longos e o clima permíteo en Galicia empezan a aflorar as festas. Festas patronais ou organizacións privadas de eventos para os que pode contar coa colaboración de Pulpería Porta no que se refire á comida. Contamos cun servizo
Que ten que ter un cátering para que resulte profesional? 30 Mar

Que ten que ter un cátering para que resulte profesional?

30/03/2021 Restauración
Un dos servizos que ofrecemos con maior frecuencia en Pulpería Porta Catering é o noso servizo de cátering. Nós contamos con todos os recursos gastronómicos, materiais e humanos para ofrecerche un gran servizo de cátering para un evento especial no que non che faltará de nada. Nesta entrada desde
Expertos en catering para grandes eventos 9 Mar

Expertos en catering para grandes eventos

09/03/2021 Restauración
É certo que non sabemos cando se poderán celebrar de novo esas celebracións cheas de amigos e familiares que a tantos gustaron ter, pero en Pulpería Porta Catering seguimos traballando para ofrecerlle sempre o mellor servizo. As listas de invitados son reducidas, pero o coñecido como xel

Contacte con Pulpería Porta

Está interesado nos nosos servizos? Chámenos, estaremos encantados de atendelo.