Icono de teléfono
659 908 745

Contacte con nós

Canto tempo ten que cocer un polbo?

Publicado: 09 de novembro de 2022, 12:17
  1. Pulpería
Canto tempo ten que cocer un polbo?

O tempo de cocción exacto é un dos segredos mellor gardados da gastronomía galega co seu afamadísimo polbo a feira. Unha das nosas receitas estrela en Pulpería Porta, o teu catering a domicilio en Galicia, que hoxe queremos compartir contigo. Toma lapis e papel e prepárate para descubrir un dos modos de elaboración dun prato único e cheo de todo o sabor da tradición.

O polbo cociñado en tixola

Se non temos a man unha pota de cocción rápida, a opción máis recomendable, quizais che sorprenda saber que o polbo tamén pode prepararse nunha tixola común, é todo cuestión de maña e mais de saber ben os procedementos.

Neste caso deberás de agardar a que estea a auga fervendo para facer tres inmersións rápidas, o que popularmente se coñece coma asustar ao polbo, unha técnica tradicional que mellora en grande medida o sabor deste manxar galego. 

Acertar co tempo de cocción é algo que depende moito dos quilos de polbo que vaiamos preparar. Coma referencia inicial: ten en conta que por cada quilo de polbo soen empregarse quince minutos de cocción. Cando a auga xa estea fervendo, baixamos un pouco o lume e deixamos repousar, tras uns 15 ou 20 minutos de cocción, agardando que o polbo estea no seu punto exacto.

O polbo cociñado en pota

Esta sería a mellor opción. Se temos unha olla rápida deberemos agardar a que suba a válvula e, unha vez pasado este intre, retirar o polbo do lume.

Outra opción do máis apetecible é cociñar o polbo no seu propio xugo, unha maneira moi tradicional e saborosa de preparalo. Voltamos aplicar aquí a regra de vinte minutos de cocción por quilo de polbo, cocéndoo sen destapar a tixola ata o final. Na olla rápida que comentabamos ao inicio, como é de supor, o tempo de cocción diminúe de xeito significativo, polo que con 8 minutos de media soe ser suficiente para obter o resultado desexado.

Tedes un gran evento e queredes que o polbo, e todo o sabor da tradición, estean presentes? Nese caso non dubidedes en contactar con Pulpería Porta, o voso catering a domicilio en Galicia de toda confianza. Un equipo de profesionais expertos de primer nivel e amplísima experiencia na preparación tradicional de este clásico galego estará encantando de atendervos e mais de facer que na vosa próxima celebración todo saia -e nunca mellor dito- a saír de boca.

O noso servizo está dispoñible para eventos de todo tipo en toda Galicia. Por iso, en ocasións especiais, non deixes nada ao chou e confía nos mellores profesionais do sector: confía en Pulpería Porta. Agardámosvos!

Noticias relacionadas

Pulpo a feira: o sabor da gastronomía galega 18 Xan

Pulpo a feira: o sabor da gastronomía galega

18/01/2024 Pulpería
¿Gústache o polbo? Se é así, estamos máis que seguros de que probaches algunha vez o polbo á feira, o prato máis típico da gastronomía galega e unha das tapas máis populares en toda España. Pero, ¿sabes como se prepara este delicioso manxar en pulperías tradicionais como Pulpería Porta? Neste
 Receitas de polbo da ría para o Nadal 18 Dec

Receitas de polbo da ría para o Nadal

18/12/2023 Pulpería
¿Buscas un xeito de sorprender aos teus convidados nestas festas? Pois desde Pulpería Porta propoñémosche unhas receitas feitas coa mellor materia prima coa que traballamos: polbo da ría. Pódese saborear en calquera época do ano e para o Nadal encaixa á perfección. De feito, sabemos que farán as
O polbo, o rei das festas de inverno. 4 Dec

O polbo, o rei das festas de inverno.

04/12/2023 Pulpería
En Galicia, terra de tradicións e exquisiteces culinarias, o polbo eríxese como o monarca das celebracións invernais. En Pulpería Porta Catering, como especialistas en levar ata os nosos caterings este bocado imprescindible, coñecemos moi ben a importancia que ten en moitas festas e eventos da
Pratos de culler con polbos da ría 21 Nov

Pratos de culler con polbos da ría

21/11/2023 Pulpería
Galicia, terra de tradicións enraizadas e sabores auténticos, ofrécenos a oportunidade de mergullarnos na súa rica cultura culinaria a través de deliciosas receitas, como os pratos de culler con polbo da ría. En Pulpería Porta Catering logramos labrarnos un nome e lugar especial no corazón dos

Contacte con Pulpería Porta

Está interesado nos nosos servizos? Chámenos, estaremos encantados de atendelo.