Pulpería

En Pulpería e Catering Porta desprazámonos alá onde os nosos clientes nos soliciten, nas romarías e festas de Galicia para poñer a disposición dos mesmos unha ampla variedade de manxares, viños e licores da nosa terra.

Pode atoparnos en romarías, festas, eventos... e gozar da variedade dos nosos fogóns e da nosa especialidade, o polbo da nosa ría.