En Pulpería e Catering Porta contamos con máis de 10 anos de experiencia percorrendo Galicia e instalándose en festas, romarías, celebracións, etc. Alí onde a xente está de celebración, nós instalámonos para compartir con eles a festa, a comida e un bo viño.

A nosa profesionalidade está acreditada polos anos de traballo e ademais co premio outorgado polo Forum Gastronómico de Santiago no ano 2010.

Pode contar connosco para todo tipo de romarías, celebracións e eventos, facemos desde bautizos e primeiras comuñóns ata eventos como celebracións de premios, comidas de asociacións, empresas, etc.

Desprazámonos onde nos solicitan e poñemos á súa disposición o mellor polbo e carne do país e un bo viño e licores para acompañar a comida.

Contamos cun amplo equipo de profesionais da hostalería como cociñeiros, camareiros, etc. ademais de todo o persoal necesario para montar e desmontar as instalacións.