Catering

En Pulpería e Catering Porta dispoñemos de todo o necesario para unha celebración. Poñemos a disposición dos nosos clientes, carpas, mesas e cadeiras, todo tipo de enxoval como manteis, vaixelas, cuberterías, etc.

Ademais contamos cun servizo que inclúe desde os membros da cociña, que prepararán a comida para ser servida, ata un equipo de camareiros con gran experiencia que se ocuparán de servir aos comensais.